Opinión

Houston, o Celta ten un problema...

e se non o ten xa se encargan os árbitros de crearllo. 


…e se non o ten xa se encargan os árbitros de crearllo. Ao baixón que vive o Celta de medio campo para arriba súmase agora o reiterado empeño dos árbitros en rebentarnos os partidos. Dúas semanas consecutivas aturando decisión arbitrais que claramente prexudican o desenvolvemento normal dun partido. Se a semana pasada foi o penalti regalado a Cristiano Ronaldo, esta foi o gol legal anulado a Charles. Estas dúas accións poderían pasar desapercibidas como moitas outras, pero dáse a casualidade que ocorren xusto cando máis necesita o Celta recuperar as boas sensacións, os bos resultados. E estes desacertos non axudan en nada a recuperar a malferida moral celeste.

E Hernández? Que dicir de Pablo Hernández? O sábado foi o peor do equipo e necesita sentar no banquiño pero xa

Pero, máis aló do árbitro, do resultado e dos claros problemas polos que atravesa o equipo, do sábado gustoume que Berizzo 'meneara a árbore'. Que probase, que buscase solucións. O Celta fixo un bo encontro e buscou o gol até o final. Foi mellor que o Málaga na segunda metade pero ao final o de sempre, o Celta non xera o suficiente perigo. Aínda así, unha cousa está clara, o omnipresente Krohn Delhi é a estrela deste equipo, o que lle dá luz e o que o guía polo campo. O sábado substituiu Radoja e non se botou de menos ao serbio. Outra cousa clara e que Orellana sen Nolito perde a referencia no xogo, o sábado estivo mal e bastante perdido. Nolito estará baixo, pero aínda así o equipo necesítao. E Hernández? Que dicir de Pablo Hernández? O sábado foi o peor do equipo e necesita sentar no banquiño pero xa. É unha obviedade da que parece darse de conta todo o mundo menos Berizzo. Nos momentos atascados, o Celta necesita un home como Álex que é moito máis desequilibrante e ofensivo, que busca máis solucións. Hernandez o sábado estaba no terreo de xogo pero até daba pena velo.

A liña do equipo, malia ás derrotas, é esa, a de probar e a de buscar solucións dentro do propio equipo. Que todo chega, e as vitorias chegarán tamén. O martes fronte ás Palmas o equipo ten a primeira ocasión para darlle unha alegría a afección e volver recuperar a senda da vitoria e das boas sensacións. 

Comentarios