Opinión

Xa nos arrepentiremos

En Grecia naceu a democracia. Hoxe, un partido político nazi (o de "neo" non hai por que usalo: son os de sempre) medra en intención de voto a pesar de que no seu ideario vai gravado a lume o odio profundo cara moitas cousas, entre outras, da propia democracia da que se benefician para espallar o seu vómito.

"Consentir o que non se pode consentir, tolerando o intolerable (non se pode ser tolerante coa violencia, con ningunha! ), deixando facer e medrar un monstro racista, violento e criminal que quere acabar con nós". 

Chámanse "Amencer Dourado" e ademáis de medrar en seguidores a pesar das súas condutas, case que me entran ganas de dicir que o máis grave é todo o que se está a descubrir arredor das marabillosas relacións entre eles e a policía ou o exército (xa hai axentes e incluso xenerais investigados por isto), que ollan cara outro lado, deixan facer ou, como xa se descubriu e demostrou, directamente escoltan, protexen e dan acubillo aos líderes desa agrupación. 

Isto sucede no berce da democracia.

Mais non só alí.

Moi preto, en Hungría, grupos que se asemellan en ideas e, sobre todo, no xeito de operar, gañan adeptos día a día sendo xa unha forza importante a ter en conta. En España, a ultradereita organízase e medra tamén. En xeral, en toda Europa. E mentres, nós, ollando cara outro lado. Porque iso é o que polo de agora está a facer a sociedade civil, demócrata e civilizada. Consentir o que non se pode consentir, tolerando o intolerable (non se pode ser tolerante coa violencia, con ningunha! ), deixando facer e medrar un monstro racista, violento e criminal que quere acabar con nós. 

Xa nos arrepentiremos.

Comentarios