Opinión

A primeira persoa do plural

Hai moito comentarista deportivo, e incluso moita xente do común, que utiliza a primeira persoa do plural para falar dos éxitos, trunfos e clasificacións dos nadales, alonsos ou lasrojas. Detrás dese xeito de falar agóchase unha visión autoritaria do mundo, negacionista de toda diferenza e uniformizadora.

Hai moito comentarista deportivo, e incluso moita xente do común, que utiliza a primeira persoa do plural para falar dos éxitos, trunfos e clasificacións dos nadales, alonsos ou lasrojas. Detrás dese xeito de falar agóchase unha visión autoritaria do mundo, negacionista de toda diferenza e uniformizadora.

"Cando escoito iso de "estamos clasificados para Brasil" ou "somos líderes en motorismo", por dicir calquera cousa, sinto unha especie de vergonza allea"

A min amólanme, e xa me pasaba de moi pequeno, eses xeitos de falar. Cando escoito iso de "estamos clasificados para Brasil" ou "somos líderes en motorismo", por dicir calquera cousa, sinto unha especie de vergonza allea, sobre todo cando comprobo que é tantísima a xente que se identifica tanto cos éxitos desea deportistas, que sinten tan profundamente esas victorias, que semella como que para eles xa é dabondo con iso e que, como nos vai tan ben (gañámolo todo), pois xa non se precisa de máis nada na vida para que, precisamente, a vida sexa plena.

Porque gañamos o mundial.

Evitamos o descenso. 

!Cando digo que eu non gaño nada aínda que o Celta gañe. Ou que tanto me ten que Nadal sexa o número un ou que o sexa un serbio. Míranme raro!.

Estamos clasificados. 

En principio, a meirande parte da xente non fai deporte. Consúmeo pola tele. E, sobre todo, consume a satisfacción inmediata e irreal, fantasiosa e algo infantil, de ter tido algo que ver con ese éxito. É como se un xogase ou, mellor, é como se un tamén se botase sobre as costas ao país enteiro na carreira, no partido, no set, no adelantamento. Un país necesitado de gloria e que a persegue. Con fame de medallas.
Comecei estas liñas dicindo que por debaixo deste tipo de actitudes vive agachado un sentimento totalitario, que exclúe a quen non se sinte cómodo dentro desa primeira persoa do plural. A min tenme pasado un cento de veces. Cando digo que eu non gaño nada aínda que o Celta gañe. Ou que tanto me ten que Nadal sexa o número un ou que o sexa un serbio. Míranme raro. E pensan cousas terribles. Por exemplo : que en todas as tribos sempre hai algún imbécil. 

E todo porque eu son máis da primeira persoa do singular. A única pola que podo responder. 

Comentarios