Opinión

Olé!

O alcalde da Coruña inaugurou a pasada semana a Feira do Libro en castelán. Non sorprendeu a ninguén que tal fixese. O realmente sorprendente tería sido que o fixese en galego. Habiámoslle tomar a febre ao meu pobriño se tal acontese. Así que, ata aí, todo normal nun mandatario que sigue a estela doutros predecesores no seu cargo galegófos militantes como foi aquel que gastou millóns en pleitear para que A Coruña se chamase distinto a como se chama en realidade. Que iso si que é paranoia...

O alcalde da Coruña inaugurou a pasada semana a Feira do Libro en castelán. Non sorprendeu a ninguén que tal fixese. O realmente sorprendente tería sido que o fixese en galego. Habiámoslle tomar a febre ao meu pobriño se tal acontese. Así que, ata aí, todo normal nun mandatario que sigue a estela doutros predecesores no seu cargo galegófos militantes como foi aquel que gastou millóns en pleitear para que A Coruña se chamase distinto a como se chama en realidade. Que iso si que é paranoia...

"O que si que xa foi de traca absoluta, foi que o acto de inauguración da feira do libro rematou co himno español a todo trapo. Non creo que se dese tal cousa en toda a historia das feiras do libro en Galicia" 

Mais o que si que xa foi de traca absoluta, foi que o acto de inauguración da feira do libro rematou co himno español a todo trapo.  A xente, agás "los coruñeses de toda la vida" quedaron a cadros e preguntándose a que viña iso. Non creo que se dese tal cousa en toda a historia das feiras do libro en Galicia (e xa que estamos, o himno galego botouse curtado, só a primeira parte; imaxino aos da rojigüalda botando sapos e colebras pola boca se o español himno se emitise só ata a metade e se curtase violentamente aí).

Sen embargo, non sei por que nos alporizamos tanto, porque a nada que o pensemos, entendemos que todo isto é moi coherente co resto, pois dentro da programación das festas de María Pita, contémplase, tamén, unha festa taurina (olé), unha misa rociera (olé, olé), e sevillanas (y olé!). En definitiva: LA Coruña, que non A Coruña. LA Coruña en estado puro. LA Coruña gobernada por unha concellería de cultura que no seu día xa criticara a programación das festas de cando mandaba o PSOE por ser "demasiado gallegas". Como se as festas dunha cidade galega non tivesen que ser, por pura lóxica e senso común, absolutamente galegas.

Pero é o país que temos.

E, témome, o país que merecemos.

"Dende o concello da Coruña, que está en Galicia, amosan o propio odio de ser galegos montando unha programación cheo das peores españoladas que poidamos imaxinar"

Logo, cando baixas á realidade, resulta que a tourada é un fiasco absoluto, e que non vai case que ninguén. A saber a de miles de euros que o concello da Coruña destinou a esa cousa de coller seres vivos e ilos matando nunha tortura atroz mentres unha serie de xente (moi pouquiña, as bancadas estaban practicamente baleiras) aplaude dando saída ao seu sadismo (que é iso, sadismo, brutalidade, desexo de morte, que vai ser arte e non sei que máis parvadas que din os afeccionados). E logo resulta que á misa rociera esa, irán tamén catro gatos e catro gatas, e ao das sevillanas pois non che sei, pero non imaxino ás multitudes correndo en masa a pillar sitio para palmear ao ritmo da guitarra flamenca.

Máis unha vez, tócanos falar do autonoxo. Do odio profundo que sentimos de ser nós. E que se evidencia cando queremos ser outros.E así, dende o concello da Coruña, que está en Galicia, amosan o propio odio de ser galegos montando unha programación cheo das peores españoladas que poidamos imaxinar, esperpentos que farían palidecer de vergonza ao mesmo Paco Martínez Soria. E quen di A Coruña di A Guarda, que este ano editou a programación das Festas do Monte só en español aclarando que o facían "para que nos entendan os de fóra".

Eu só podo dicir: son galego. Así que nada de ailalelo, ailalalo. Iso non mola. O que é guai é olé. Así que ole. Ole sus güevos.

Comentarios