Opinión

Violencia machista

[Alberte Mera] 

No día en que coñecemos o veredicto do xuízo do asasinato de Jessica Méndez, que sinala José Eirín culpábel, prodúcese o asasinato dunha rapaza de tan só 25 anos en Ribeira (O Barbanza), feminicidio polo que é investigado o seu ex compañeiro, que tentou suicidarse na tarde de onte. No caso de Méndez, veciña de Barro (comarca de Pontevedra) asasinada en 2022 cando contaba con só 29 anos, sinálase que o acusado -que a embestiu co seu coche- actuou motivado pola "indiferenza" que mostraba Jessica cara a el, unha indiferenza que proviña "dunha muller". Como transcendeu, Eirín estaba acosando Jessica Méndez. 

Na violencia machista perpetúanse moitos patróns,  "mateina porque era miña" ou "porque ela non quería que fose miña". Pasan os anos, e séguese a ver unha mesma conduta, coa preocupación de que a idea de que podía ser unha violencia que se superaría coas novas xeracións non é. 

A educación non patriarcal, en igualdade, a erradicación dos machismos e dos discursos negacionistas en todos os campos da sociedade e a dedicación de todos os recursos precisos contra a violencia de xénero é fulcral para poder chegar ao día en que os medios non teñamos que informar de máis feminicidios porque deixen de acontecer.  

Comentarios