Opinión

Recortes por todas partes

[Alberte Mera]

Os recortes teñen consecuencias na poboación. Denunciárono esta semana alcaldesas e alcaldes de concellos de comarcas costeiras distintas, como O Morrazo, Vigo ou O Barbanza. Denuncian que se fóra da tempada estival carecen do persoal e dos recursos necesarios para atender as necesidades sanitarias da súa veciñanza, isto vese complicado no verán dado que a Xunta non aumenta o número de traballadoras e traballadores do Sergas pese ao incremento de poboación que estes municipios experimentan no estío. Mais onte tamén saíron á luz queixas de persoal de servizos públicos, neste caso dependentes do Estado, en oposición aos recortes.

Como recolle este xornal, traballadoras e traballadores ferroviarios alertan dos descarrilamentos na Galiza e, se efectivamente ven que as altas temperaturas que afectaron antonte o país puideron causar unha alteración nas vías nas que descarrilou o tren de mercadorías perigosas que atravesaba Vilamartín de Valdeorras, relatan como se reduciu sobre todo desde a pandemia o servizo de control e mantemento das vías.

Contraste total, o da rede ferroviaria galega, co doutros territorio do Estado onde se aposta mediante investimento nos camiños de ferro como forma de transporte sustentábel. Estes días de verán, algunhas e algúns estarán en Catalunya ou València, para cando tren de proximidade tamén na Galiza, como teñen elas?

Comentarios