Opinión

Mulleres

[María Obelleiro]

As mulleres dedican 289,1 minutos ao día a traballos non remunerados fronte aos 166,8 que dedican os homes. Elas destinan o 61,8% do seu tempo de traballo ás tarefas remuneradas e eles o 38,1%. Cada muller galega desenvolve de media ao ano actividades sen remunerar, na súa maioría vinculadas ás tarefas de coidados, por unha duración de 1.758 horas. O valor non asalariado desenvolvido polas mulleres achegábase en 2006 -último ano con datos- a 15.150 millóns, o que representaba o 37% do PIB desa anualidade. A taxa de temporalidade das mulleres é do 29,9%, fronte ao 18,2% dos homes. Até o 22,6% das mulleres asalariadas tiveron xornada a tempo parcial; no caso dos homes esa porcentaxe foi de 7,3%.

En termos absolutos, as mulleres cobran 4.519 euros menos ao ano que os homes. A fenda de xénero das pensións sitúase no 33,6%. O 87% das persoas que solicitaron unha excedencia por coidado de crianzas eran mulleres e no caso de coidado de familiares, a porcentaxe foi do 73,5%. O 33% de postos directivos das empresas galegas públicas e privadas son ocupados por mulleres, mais só elas están á fronte do 1,6% dos cargos realmente de dirección. 74% das empresas non alcanzan na Galiza o 40% de representación feminina nos seus Consellos de Administración... Evidencias todas elas que mostran que a igualdade está lonxe.

Comentarios