Opinión

Mentira

[Alberte Mera]

Cantabamos, cantamos ao ritmo do incombustíbel Manu Chao:

Mentira non se borra, mentira non se esquece
Mentira, a mentira
Mentira cando chega, mentira nunca se vai
Mentira
Mentira a mentira, mentira a verdade...

Hai mentiras que pasan por verdade, mentiras enunciadas desde atrís gobernamentais e divulgadas por medios de comunicación sen contraste. Hai mentiras que fican gravadas, ignominias ás que o pobo galego está lamentabelmente afeito, coa catástrofe do Prestige e os "hilillos de plastilina" de Mariano Raxoi ou a campaña electoral trumpista desenvolvida no ano 2009 na Galiza antes mesmo do trumpismo, cando Trump era coñecido na Galiza por un capítulo dos Simpson.

A ignominia dos recortes sanitarios da Xunta da Galiza que en palabras do Goberno galego non existen, como o fechamento de 665 camas hospitalarias este verán pero que o conselleiro de Sanidade di que están "fechadas pero dispoñíbeis". Un "si pero non", e a ver se non pasa nada. Non contaba Feixoo cando mentiu dicindo que o PP sempre subira as pensións conforme o IPC que ía ser "cazado" en directo.

Mais, lonxe de desculpas, o presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, dixo onte que non cre que a polémica sobre as mentiras de Feixoo vaia pasar factura electoral ao PP. Cando un mal se repite, acaba por ser normalizado. Mentira a tristeza cando empeza.

Comentarios