Opinión

Louzán e o machismo

[Alberte Mera]

Máis de 1.500 sinaturas reuniu a Marcha Mundial das Mulleres en só 24 horas reclamando a dimisión de Rafael Louzán á fronte da Federación Galega de Fútbol por apoiar este o seu homólogo español, Luis Rubiales, tras a agresión a Jenni Hermoso. Louzán non só tentou minimizar a agresión á futbolista senón que ademais aplaudiu o discurso de Rubiales da sexta feira cando se negou dimitir e xustificou a agresión a Hermoso. Onte, ademais, a líder do BNG, Ana Pontón, e a vicevoceira socialista, Leticia Galego, exixiron a dimisión de Louzán. Dáse o paradoxo de que el, ex presidente da Deputación de Pontevedra co Partido Popular, ostenta na actualidade a Presidencia da Federación Galega a pesar de que o resultado da investigación xudicial na súa contra por fraude e prevaricación foi unha inhabilitación durante sete anos que o imposibilita para exercer un cargo público e dous anos de prisión, pena que puido eludir. O machismo ten cómplices e o silencio, neste caso do PP, ante quen aplaude discursos e minimiza agresións machistas como a de Rubiales é moi preocupante. O feminismo, porén, segue avanzando e onte deu unha nova lección nos discursos políticos, nas redes e nas rúas para que ningún machista nin "palmeiros" dos seus discursos misóxinos sigan un minuto máis en postos tan importantes como os que aquí sen citan. 

Comentarios