Opinión

Louzán con Rubiales

[Alberte Mera]

Rubiales aférrase ao cargo berrando e golpeando a mesa como un neno malcriado ao que lle teñen consentido todo e cabréase cando lle quitan un xoguete. Porque no patriarcado todo é dos homes. Non entenden estes españois das cavernas a crítica social desencadeada polo abuso de poder exercido contra a futbolista Jenni Hermoso. "En ningún momento consentín o bico", alegou onte a deportista, "non tolero que se poña en dúbida a miña palabra e moito menos que se inventen palabras que eu non dixen". A campioa galega Teresa Abelleira amosou a Hermoso a súa sororidade e denunciou o comportamento de Rubiales de "intolerábel". Puxeron as deportistas no centro, de novo, o consentimento. Non por casualidade, a cuestión que estivo no foco do debate político nos últimos meses con ataques machistas precisamente por ser o consentimento a cerna da lexislación sobre igualdade. Cada minuto que pasa sen este señor ser destituído ou expulso é un insulto para a igualdade. Cada aplauso que Louzán, presidente da Federación Galega de Fútbol, deu onte cando Rubiales falaba na asemblea avergoña Galiza, máis fogo após declarar sobre Rubiales: "Son erros que se cometen na vida, e xa pediu desculpas". Louzán, ese ex presidente da Deputación de Pontevedra co Partido Popular que, por certo, segue á fronte da Federación Galega de Fútbol, pese a todo. 

Comentarios