Opinión

Explíquese

[María Obelleiro]

Os grupos da oposición forzaron a convocatoria da Deputación Permanente do Parlamento -que o substitúe en período electoral- para solicitar que Feixoo dea explica-cións en relación ao caso Pemex e ao buraco detectado polo Tribunal de Contas en fondos de Emigración na embaixada española en Venezuela en 2015 e 2016. O Partido Popular ten na súa man que o presidente da Xunta expoña en sede parlamentar o seu parecer a respecto de dous temas sobre os que pesa a sospeita.

No caso de Pemex, tal e como publicou este medio no seu día, pagáronse 20 millóns de máis por un dos floteis encargados á Galiza. Unha operación anunciada como un grande éxito polo propio Feixoo. Se no seu día convocou os medios de comunicación numerosas veces para vender perante a opinión pública o acordo, tamén debería explicar agora a súa relación con Lozoya, directivo de Pemex co que negociara e que hoxe se atopa na cadea por corrupción. A proposta de Lozoya, PMI, filial da petroleira, aprobara a compra do 51% das accións de Barreras por máis de 5 millóns.

Comentarios