Opinión

De la Corona

[Xoán Costa]

Ler o título II da Constitución Española de 1978, intitulado De la Corona, aproxímanos dos réximes monárquicos do século XIX, e anteriores, aos que incorpora toda a blindaxe perante a lei da figura do Xefe do Estado que o franquismo estableceu para o propio ditador. Porque, como fillos do franquismo, os trinta e oito anos de Xefatura do Estado de Juan Carlos I percorreron paraísos fiscais que o franquismo non precisaba porque o réxime era o seu propio paraíso. E agora saen á luz, grazas a investigacións privadas ou a actuacións da fiscalía de outros estados, os centos de millóns incorporados ao seu patrimonio exclusivamente – parece ser- en función do seu cargo.

Que as Cortes non poidan fiscalizar o patrimonio do Xefe do Estado ou que a Fiscalía non presente denuncia perante o Supremo é unha anomalía que impide considerar o propio Estado como democrático. A non ser que aceitemos que, a respecto de algúns estamentos, a ditadura segue vixente e imperante. Se cadra é isto.

Comentarios