Opinión

A batalla de Galiza

Apolítica é a guerra por canles civilizadas. Na batalla que se está a librar en Galiza, esta fin de semana houbo desembarcos, paracaidismo e a presenza dalgún presunto submarino das cloacas do Estado, como M. Rajoy. Ademais, zapadoras de Bande mostraron en público as súas habilidades na guerra psicolóxica á poboación civil. O broche, porén, púxoo a infantería, sempre composta polo pobo baixo e quen máis sacrifica nas guerras. O Obradoiro encheuse en defensa dunha boa enfermaría pública na que curar as feridas.

A aviación, que dedicara o domingo a bombardear enquisas, deixou o maior blitzkrieg para a mañá do luns: o CIS prognostica unha suba espectacular do BNG no voto directo. O que pon a maioría do PP en serio perigo. Tratando de controlar o cabalo, Rueda, coma un Xeneral do Ulla, repenaba nervioso as plumas do penacho á espera de novas ordes 
da Castellana.

Comentarios