Opinión

Que tipo de raposo é Rueda?

Dicía Nicolás Maquiavelo que o raposo sabe defenderse das trampas e o león sabe combater os lobos, polo que o príncipe ideal debía combinar as características de ambas as dúas bestas: ser fino coma o raposo e fero coma o león. Alfonso Rueda pretendeu, no primeiro debate da campaña organizado pola Cadena SER, arrogarse o papel de astuto raposo: ficou na casa e enviou no seu lugar un leonciño adestrado para garduñar e enlamar. Ben se sabe que O Príncipe é un tratado para gobernantes cínicos.

Mais seguindo coa analoxía raposeira, cabe pensar que a aposta de Rueda agocha non tanto o golpe de Maquiavelo coma o pretensioso e impotente raposo da fábula de Esopo. Nesta, o animal finxía desinterese polo gorentoso acio de uvas pendurado da árbore (“Non están maduras!”, dicíase) polo simple motivo de que era incapaz de chegar tan alto. Velaí Rueda.

Comentarios