Opinión

O PP a contravento

A mellor evidencia de que o debate celebrado na TVG foi un mal negocio para Rueda é a présa que se deu o PP en anunciar que non enviará ninguén á cita do vindeiro 14 de febreiro en TVE. Rueda, para gustar, vennos dicir a dereita, estará como ausente. Peor para el. A dos namorados é unha xornada ideal para recitar versos de Neruda e será unha grande ocasión para que BNG e PSdG mostren aos galegos e galegas que hai unha alternativa á desfeita do Partido Popular.

Entrementres, a maquinaria da lama está activada con novos e antigos éxitos: a imposición do galego, o terrorismo, Puigdemont, Putin e a morte de Manolete. A única Galiza que lle funciona ao PP neste momento é a que vai á contra. E Rueda, que, segundo a propaganda, ademais dun ser humano é un ser humano ciclista, ben debe sabelo: pedalear a contravento fatiga máis que facelo a favor.

Comentarios