Opinión

Multipartitos

E nisto chegaron Jácome e os seus mariachis para dar a razón á teima da campaña do PP: a cousa vai de multipartitos. A posibilidade de que DO complete a maioría de Rueda debería baixarlle decibelios á abxuración que fai o PP das coalicións. Mais tamén debería afalar á esquerda apática para ir votar e convencer á esquerda dispersa de que concentre o voto.

As coalicións son habituais na nosa contorna. As sociedades fragmentadas producen electorados fragmentados. Galiza xa tivo o seu propio goberno de coalición antes de que este chegase ao goberno central. Non é a idea de coalición o que debe temer a cidadanía, senón o contido político da mesma. A presenza de DO no goberno sumaría, aos modos xa coñecidos do PP, un condimento extra de irracionalidade e charramangueirada que, á fin, adoita desembocar en lugares próximos ao fascismo.

Comentarios