Opinión

Quen ama non maltrata (nin mata)

Velaí que neste novembro xorden acentos de dicires firmes para conquistas. O noso pobo colócase na xustiza a pola igualdade, pois calquera hora será boa para lle dar unha volta ao como e ao porqué do presente das mulleres, as cales sen xerarquías constrúen camiños e esperanzas de igualdade, xa que non vale o de tapar e mirar a outro lado, por non denunciar a opresión e a dolor, os sufrimentos e as violencias das mulleres, sexan nas casas, nas rúas ou nos pobos, nas aldeas ou nos barrios, nas relacións. E destas velaí os feminicidios.

Os gobernos non poden seguir como agora, nin por acción cero, nin por tanta omisión. O contido de actuar contra a violencia das mulleres é político. As colores e as faixas non chegan. A emancipación da muller é substancial coa nosa liberación e iso non é automático. Ha levar propostas de intervencións educativas, culturais, ideolóxicas, pois respiramos un Goberno en Galicia (x3) que promove o neoliberal, o desigual e o inxusto. As desigualdades, as violencias, non han ser feminizadas, nin os agresores escribirán a historia. Os pratos da pesa non están equilibrados. 

Toca dicirmos presentes por estarnos a combater a prol da non violencia e a pola igualdade. Velaí un manifesto de mulleres: “Nin cea, nin flores, castigo aos agresores. Quen ama non mata, non aldraxa, nin maltrata! Pode ser a túa filla, pode ser a túa irmá, á que asasinen, que a violen ou a maltraten”. A transformación terá nome de muller e só será se extirpa de raíz a violencia contra as mulleres. E todas as violencias.

Comentarios