Opinión

O meco na campaña

En pleno Entroido, nada mellor que a sátira dun mesmo para irromper no centro da campaña. E o alcalde de Ourense, todo un meco de carne e óso, ben o sabe. Versionando o In The Navy dos Village People, Gonzalo Pérez Jácome protagoniza un vídeo electoral que a esta hora aínda corre como a pólvora por mensaxes e redes sociais.

Con risos ou indignación, é difícil permanecer imperturbable ante o clip en castelán no que o rexedor canta, baila e estraga topónimos mentres reivindica Ourense –"toda la provincia", aclara– con imaxes de festividades e atraccións turísticas e berra alto e claro "¡a la Xunta!". Apenas aparece o verdadeiro candidato de Democracia Ourensana, Armando Ojea, consciente, seguro, de que non lle fai ningunha falta.

En pleno Entroido entrou o meco na campaña, e este sabe, por experiencia, que non é unha queima o seu destino.

Comentarios