Opinión

Mentiras e esmolas

Electoralismo, partidismo, parcialidade, propaganda, nesgo, manipulación, censura. Son palabras de Defende a Galega no seu Venres Negro 299 para denunciar a política informativa da CRTVG en plena campaña. 

A case 300 venres, que conmemorarán a só dous días das eleccións, o colectivo bota fume. Porque despois do debate electoral, a veracidade e o rigor brillan pola súa ausencia e no Telexornal semellan ter visto outro totalmente distinto. Por se fora pouco, o ministro de Transportes desvela, citando datos de Salvamento Marítimo, que os barcos que a Xunta asegurou ter mobilizado ao inicio da crise dos pellets nunca se moveron.

Mentres se agocha de todos os debates e todas as explicacións, Alfonso Rueda anuncia bonos e axudas a eito, para mascotas, para o deporte e ata o complemento das pensións non contributivas. Tapando mentiras 
con esmolas.

Comentarios