Opinión

Altri en Bruxelas

Os atentados ambientais teñen en Galicia un amor non correspondido. Van polo mar, polas rías, polos montes e agora tamén pola Terra Media, mentres a firme reacción social demostra estar sempre á altura. Na política, porén, o resultado adoita ser distinto. É como esa amizade que se pon do outro lado cando tomamos unha determinación importante. A política da UE non sempre encaixa neses marcos do amor á persoa ou partido. Hai moitos factores que nos inflúen no voto máis preto da casa que mudan cando miramos cara a Europa. Iso explica por que tanta xente non vota nas europeas e por que moita pode chegar a facelo nun signo distinto ao habitual. A preocupación ambiental, sendo Bruxelas un referente normativo, pode ser un deses factores. O rexeitamento a Altri na Ulloa está nos ouvidos de Bruxelas. A manifestación de mañá en Palas emitirá un berro que ben merece ter eco nas eleccións.

Comentarios