Opinión

Bo proveito!

Do derbi, só do derbi, saíu máis reforzado ó Dépor. O equipo de Víctor Sánchez del Amo foi a Balaídos sen ser o favorito. Certo é que os derbis son sempre singulares e pode pasar de todo. E o que pasou foi que o equipo branco e azul foi sen complexos a Vigo. Saíndo a tomar o control, a levar o balón. O Celta recibiu os deportivistas con moita frialdade. Sería polo diluvio universal que caeu en Vigo.

Mentres o Dépor estivo enteiro (con Lux na portería e con Arribas antes da expulsión) o control do partido estivo máis axustado. Os de Víctor asustaron un chisquiño máis. Pero co golpe de Lux contra Sidnei, a faciana de susto mudou de bando. Coa expulsión de Arribas e vinte minutos por disputar, resistir o único gol de Nolito resultou unha proeza auténtica. 

Mentres o Dépor estivo enteiro (con Lux na portería e con Arribas antes da expulsión) o control do partido estivo máis axustado

O Dépor repúxose a todo isto: ó tempo, á lesión de Lux, ás decisións de Fernández Borbalán e o perigo de Nolito. Por iso, o empate colleitado ten máis peso, máis significado. Tamén é un resultado aceptable, que fixo xustiza e que serve para os dous equipos.

Din que os derbis non se xogan, simplemente se gañan. Pero cando ó final o partido acaba en táboas hai que valorar a importancia da carga. O Dépor suma para salvarse. E salvarse hoxe en día en Primeira non ten prezo, sobre todo, cando se deben máis de cen millóns de euros a Facenda.

Nesto, os derbis tamén van aprendendo. 

Comentarios