Opinión

Comeza o Ano Oroza

Y aquella luz había atravesado la pared
Y estaba punteando recortando la luz aquella sombra.

Era una luz intensa que salía en vértigos
Y se imbatía dividida en dos mitades.
Desde arriba punteaba por la espalda
Y desde abajo punteaba por el pecho aquella sombra suspendida.
Y el animal volátil furtivo negro el animal volátil se posaba delante―de mis ojos
Y las tres rayas de luz y los golpes imbatiendo por las sombras.
Imbatiendo los golpes por las sombras en la deshora del animal volátil.
Y la casa no se movía.―

No sé si la casa estaba en el aire suspendida.
Pero lo siento. ―La casa no se movía―
Y estábamos frente a frente con los ojos los tres en el vacío
Cuando de repente tres rayas traspasaron la pared
Y la casa no se movía.
Y se convirtió la casa en una lágrima rodante e iluminada
Y entre los tramos negros que aún quedaban
El animal sin sueño se posaba delante de mis ojos.

Carlos Oroza nun recital na universidade en Madrid. (Foto: Arquivo da Fundación Uxío Novoneyra).
Carlos Oroza nun recital na universidade en Madrid. (Foto: Arquivo da Fundación Uxío Novoneyra).

Fanse cen anos do nacemento do poeta Carlos Oroza (Viveiro, 1923 – Vigo, 2015) e celebrámolo rescatando estes versos. A biografía deste poeta "raro" ─estampada sobre a súa obra─ é un gran poema oral que o poeta escribiu camiñando. Desexo que o 2023 sexa un bo ano para desvelar a obra dunha figura descoñecida, é dicir, distorsionada ou reducida polo efecto nocivo das anécdotas. Neste tempo para a celebración e a memoria, a súa obra precisa de atención, precisa atopar oíntes e tradutores apaixonados que escriban artigos e estudos que reproduzan a oralidade do poeta camiñante no futuro.

A palabra de Carlos Oroza precisa navegar por contextos divulgativos, viaxar para iniciar diálogos con outras poéticas e, pola senda aberta, acadar unha lectura forte e propia da poesía do que quizabes foi "o último xograr" en lingua castelá.

En Vigo a Asociación Évame-Oroza iniciou o camiño para logralo. Beizóns!

Carlos Oroza. (Foto: Arquivo da Fundación Uxío Novoneyra).
Carlos Oroza. (Foto: Arquivo da Fundación Uxío Novoneyra).

Abaixo van unhas breves notas para abrir o Ano Oroza, escollidas para un glosario, elaboradas co obxectivo de escoitar a súa voz libre nas súas propias palabras.

BEAT. "Non sei que terei que ver cos poetas da xeración beat […] deixo que outros teoricen sobre min".

CAMIÑAR. "Escribo poesía mentalmente, en ocasións camiñando, e a recibo desde o oído. Non acredito na poesía como un feito literario, senón como un prendemento do canto".

CANTO. "A miña poesía é máis ben canto, e a xente atopa nela o olor da tribo, o aroma familiar".

LONXE. "O que permanece lonxe é para min unha proximidade. Mais hai unha distancia no alén, inalcanzable. Iso é "Cabalum", por exemplo. "Balamba" é outra palabra inventada. É o desexo, pero o desexo que no se deixa satisfacer".

LIBERTARIO. "Dejad que el trigo crezca en las fronteras", un só verso.

ORAL. A de Oroza é unha poesía oral: "Toda a miña obra foi concibida ó ditado, oralmente. Eu déitome na cama ou camiño pola rúa falando só, de repente sucédeme unha cousa, pum, pum, pum, e a precipito día tras día... unha fatiga... e hai noites que non... pa, pa, pa... e vouna amasando, pum, pum, pum... vai pasando por toda a miña bioloxía, cara a orella, todo, por todos os sentidos do corpo... E é aí onde, á mañá seguinte, queda todo organizado... [...] Este é mecanismo real, interno". 

POESÍA. "A poesía non é produción, hai que recibila, agardala como un acontecemento [...] A poesía é un estado milagroso". 

PUBLICAR. A poesía escrita de Oroza circulou durante décadas en follas, pasquíns e programas de man dos seus recitais. Estes versos do poema "Dayoma" son os finais dos reproducidos nun programa de man dun recital que deu na Casa de Cultura da Caja de Ahorros de Navarra o 28 de novembro de 1972. A través de soportes efémeros foi como a xente memorizou algún dos versos transcritos do seu poema oral. Así foi ata os anos oitenta. A reelaboración e o axuste da súa poesía non sucedeu a través da edición no libro, senón coa práctica oral, co recitado, cos modos diversos ao dicir poemas de memoria e repetilos. Oroza endexamais precisou escribir para recordar os poemas, en múltiples ocasións manifestou que non precisou publicar.

"Sempre dixen que os meus poemas eran para dicir. Máis non o nego, non son tan carneiro, non nego a existencia da letra impresa, pero quero dicir que o animal permanece fatalmente anémico; ao facer imprenta recollemos un animal forte, e quedou exhausto, esgotado ante o libro; tratamos cun animal fermosamente salvaxe, un animal da selva e, de repente, este animal transformouse nun animal doméstico".

VIDENTE. "Entrei na escuridade. E vin".

Comentarios