Opinión

Vida digna morte digna

Recén vexo na prensa que o CHUS vai abrir o Rexistro de testamentos vitais (e de doazón de órganos) cousa que me sorprendeu grandemente porque eu pensaba que xa se podía facer desde hai uns anos nun Rexistro da Xunta de Galicia. En todo caso, esta medida para min é fabulosa e hai que congratularse e darlle a benvida.

Dende a visión dun oriental resulta asombroso que os occidentais lle prestemos mais importancia ao funeral que aos momentos previos ou posteriores á morte. De feito, o estupendo “Libro Tibetano de la vida y la muerte” de Sogyal Rimpoché, nos explica moi ben o porqué de tanta sorpresa.

Esta visión dende un punto de vista espiritual, a moit@s vos soará a conto chinés (mais ben tibetano), pero se o analizades dende a dimensión cultural, humana e médica, xa non o atoparedes tan estraño e terá sentido; mais aínda, se pensades no importante que é aceptar o final da vida e verse acompañado nese trance, e se reparades no duelo posterior que tod@s pasamos cando un ser querido se vai; entenderedes entón que no noso mundo esta fase se traduce en servizos médicos, paliativos e psicólogos (e moitas veces pastillas para vencer a tristeza da separación definitiva), visitas os cemiterios e misas.

Recén vexo na prensa que o CHUS vai abrir o Rexistro de testamentos vitais (e de doazón de órganos) cousa que me sorprendeu grandemente porque eu pensaba que xa se podía facer desde hai uns anos nun Rexistro da Xunta de Galicia. En todo caso, esta medida para min é fabulosa e hai que congratularse e darlle a benvida.

"A posibilidade de contemplar una morte digna e de poder decidir sobre cómo queres morrer e en qué momento queres parar cando non hai solución médica posible é un dereito que non debera ser negado nunca"

Non pretendo abrir o debate da eutanasia, aínda que mais cedo que tarde habería que facelo, pero a posibilidade de contemplar una morte digna e de poder decidir sobre cómo queres morrer e en qué momento queres parar cando non hai solución médica posible é un dereito que non debera ser negado nunca.

Vaia por diante a miña total admiración aos os profesionais da saúde que traballan en Paliativos e que poden tamén asesorarnos sobre a sedación final; o seu labor non é para nada doado e fai falla ter arrestos, ademais de temperanza e vocación, para levala a cabo.

Afortunadamente, nesta cidade e creo poder dicir en toda Galiza non tivemos os problemas que tivo o Dr. Montes en Madrid, ou polo menos, eu non lembro ningún. Falamos moitas veces do imprescindible de humanizar os servizos de saúde (ben para os doentes, ben para os profesionais da saúde) e eu iría mais alá, e aproveito para dicir, que a inversión na sanidade pública fortalecería e faría posible esta maior humanización sempre que os recursos e as políticas de xestión dos mesmos non estean nas mans de intereses privados ou fanático -relixiosos. Estes últimos marcan unha clara involución na calidade humana e nos servizos á cidadanía, todo o contrario do que precisamos, por certo.

Hai uns días, comentábame unha amiga que estaban empezando a facer grupos de acompañamentos de doentes en fases terminais. Pareceume moi interesante e entendo que é imprescindible facer este tipo de traballos.

Do mesmo xeito, debemos tamén falar sen medo da morte pois como din os tibetanos (e outras culturas orientais), canto mais consciente es da túa “non permanencia”, mais intensamente vives a vida e te marcas prioridades mais reais.

Comentarios