Opinión

Eu digo non á Lomce

Eu digo non á Lomce.

Porque é unha lei educativa antieducativa.

Porque discrimina aos que o pensamento liberal capitalista considera "pouco dotados".

Porque non se ocupa de fomentar a igualdade senón a xerarquización entre as persoas en función do seu rendemento académico; resultados que non sempre son consecuencia dos esforzos dos alumnos e alumnas senón de circunstancias externas que en non poucas ocasións teñen que ver co seu nivel adquisitivo e os centros aos que pertenzan.

Porque aposta por un modelo de persoa que non é persoa: o ser humano é moito máis que un elo da cadea da produción. E para iso di a lei que deben de ser preparados os nosos mozos e mozas.

"Desvía recursos que deben estar pensados para o ensino laico, público e de todos, a empresas educativas que non teñen precisamente a educación como o primeiro dos seus obxectivos, senón o beneficio económico, o adoutrinamento relixioso ou ambas ao tempo".

Porque non fomenta o pensamento crítico, o criterio individual nin a liberdade de opinión. A persoa que hai detrás da Lomce é a procura dun ser humano pregado ao posibilismo realista e, polo tanto, un ser incapaz de maxinar un mundo mellor.

Porque coloca a relixión ao carón das disciplinas científicas, fomentando así a irracionalidade e a obediencia a unha moral católica que é unha moral, entre outras cousas, machista.

Porque aposta claramente polo ensino privado, o que implica que todas aquelas persoas que non poidan pagalo sufran discriminación e as consecuencias de formarse nunha contorna de menos oportunidades.

Porque desvía recursos que deben estar pensados para o ensino laico, público e de todos, a empresas educativas que non teñen precisamente a educación como o primeiro dos seus obxectivos, senón o beneficio económico, o adoutrinamento relixioso ou, en moitos casos, ambas as cousas ao tempo.

Porque despraza ao profesorado dos órganos de decisión dos centros en favor de xestores alleos ao obxectivo que debe presidir o día a día das aulas: a formación integral e íntegra de todas asersoas por igual.

Eu digo non á Lomce.

Para que os meus fillos e fillas, e os teus, poidan ter un futuro.

Comentarios