Opinión

E se...?

E se decidíramos non facerlle gasto a aquelas empresas que sabemos que non respectan os dereitos laborais, explotan aos nen@s e escravizan aos máis pobres?, e se non votáramos?, e se apagásemos a tele ata que eliminasen todos os programas que insultan á intelixencia?, e se sacaramos toda a pasta dos bancos ata que de verdade se rexenerasen e deixasen de ser as samesugas que son?, e se fóramos aos teatros, ao cinema, ás librerías en troques de estomballarnos durante tanto tempo no sofá?, e se apagáramos o móbil?, 

e se apagásemos a tele ata que eliminasen todos os programas que insultan á intelixencia?, e se sacaramos toda a pasta dos bancos ata que de verdade se rexenerasen e deixasen de ser as samesugas que son?, e se apagáramos o móbil?,

e se faláramos entre nós para debatir en serio como sair da crise asumindo con valentía a necesidade de cambiar de modelo?, e se decidísemos mandar para o carallo á Troika, ao Banco Central e a toda a súa parentela demostrando que sen eles é posiblea vida?, e se tomásemos a decisión de ser libres, perdendo o medo a selo?, e se reducísemos o consumo ao estritamente necesario pasando da sedución da publicidade?, e se lle dedicásemos máis tempo aos fillos?, e se non fixeramos a declaración da renda ata que nos garantisen que nada do noso vai para os exércitos ou as igrexas?, e se loitaramos de verdade por gozar de máis tempo para nós, para tomar as rúas, os montes e as praias para o noso goce e pracer?, e se baleirásemos os estadios ata que as empresas de fútbol cumprisen, coma ti e coma min, con facenda e a seguridade social?, e se fixeramos o carné da biblioteca infantil para alimentar de verdade ás nosas crianzas?, e se educáramos de verdade na liberdade, fóra de prexuízos e estereotipos?, e se saíramos á rúa a proclamar a república e o estado ateo?

E se de verdade fixeramos todo isto, ou un cento de cousas que se me ocorren ademais destas?, daquela, que pasaría?

Comentarios