Opinión

Amaia non decide morrer

Non coñezo a Amaia. Mais sinto unha dor profunda cando vexo, leo e escoito as novas que falan da súa morte. Non creo que ela decira morrer como Verónika no libro de Paulo Coelho. Non é suicidio. Asasinato semella a verba máis acaída. Se profesara fe cristiá, pediría a Deus que desatara a súa ira contra as e os culpábeis. Porén, como só creo neste mundo terrenal reclamarei xustiza.

Non coñezo a Amaia. Mais sinto unha dor profunda cando vexo, leo e escoito as novas que falan da súa morte. Non creo que ela decira morrer como Verónika no libro de Paulo Coelho. Non é suicidio. Asasinato semella a verba máis acaída. Se profesara fe cristiá, pediría a Deus que desatara a súa ira contra as e os culpábeis. Porén, como só creo neste mundo terrenal reclamarei xustiza. A súa vida non pode ser rescatada, mais podemos -debemos!- evitar que a traxedia se repita. Fagamos memoria. Non é o primeiro caso nin será o derradeiro, senón mudamos normas e leis feitas a medida da banca. Esa banca depredadora e cruel, que só mira balance de beneficios, e que tanto sufrimento e desigualdade provoca.

Estes días tamén escoito que PP e PSOE queren un acordo para enfrontar o “drama social dos desafuizamentos”. Fan ben en reunirse. Ambos son responsábeis das leis que permiten o abuso. Ambos rexeitaron propostas que defendían o exercicio dereito á unha vivenda digna e o remate dos abusos da banca. Foi precisamente o BNG a primeira forza política do Estado en defender no Congreso unha modificación da lei hipotecaria, o establecemento da dación en pago e a búsqueda de solucións para as persoas que non poden facer fronte aos pagos das súas hipotecas. Eles son cómplices do drama, por aprobar e manter leis inxustas. Rectificar é de sabios. Iso si, sen esquencer que o tempo apremia e non serven excusas. Os que mudaron a Constitución en quince días para impor o neoliberalismo económico, saben ben que eses cambios poden efectivizarse xa, sen máis demora. Hoxe hai milleiros de persoas afectadas polos desafiuzamentos, hai miles de Amaias desesperadas. Amaia non decidiu morrer, foi empurada cara ao abismo. Deter esta inxustiza é unha obriga moral e social que non pode agardar máis.

Comentarios