Opinión

Os Vilares, moito máis que Díaz Castro

Este ano 2014, a parroquia de Os Vilares e o concello de Guitiriz quedarán en débeda con José María Díaz Castro. O poeta pon non só á parroquia e ao concello dos que é oruxinario no mapa sinon que proxecta á Terra Chá ao lugar literario que lle corresponde non só polos seus méritos,  sinón polos de moitos outros autores que de seguro seguirán a súa estela en próximos anos.

Este ano 2014, a parroquia de Os Vilares e o concello de Guitiriz quedarán en débeda con José María Díaz Castro. O poeta pon non só á parroquia e ao concello dos que é oruxinario no mapa sinon que proxecta á Terra Chá ao lugar literario que lle corresponde non só polos seus méritos,  sinón polos de moitos outros autores que de seguro seguirán a súa estela en próximos anos.

"Unha pequena parroquia da Chaira, ten moitas e importantes persoas e peculiaridades máis aló do poeta, e xentes que sin chegar á trascendencia literaria e pública deste, merece ser rescatada para a memoria colectiva"

Díaz Castro naceu nos Vilares, o que sen dúbida condicionou a súa vida e a súa obra, pero a humilde parroquia de procedencia do seu veciño máis importante, é moito máis, e por eso outra veciña, nativa dos Vilares, Pastora Veres, impulsa un proxecto que pretende complementar toda canta producción vai a ter este ano a figura do poeta, o medio humano, xeográfico, etnográfico e patrimonial da súa "herba pequerrechiña", Os Vilares.

Na súa obra non figura con nomes concretos moita referencia á súa parroquia de orixe, pero si aparecen referencias inequivocas das súas vivencias que só puideron ser dos Vilares, e que impregnan o conxunto da súa poesía. Pero non son eu o máis indicado para falar da obra do paisano do Vilariño...

 Si que quixera recalcar que unha pequena parroquia da Chaira, ten moitas e importantes persoas e peculiaridades máis aló do poeta, e xentes que sin chegar á trascendencia literaria e pública deste, merece ser rescatada para a memoria colectiva e para sumar desde o local á universalidade, como en calquer parroquia do país na que afondemos. A nosa riqueza é inmensa.

Ese é o cometido dun traballo múltiple impulsado por Pastora Veres co nome "Os Vilares, lareira de Soños" e que inclúe libro da súa propia autoría, documental dirixido por Cibrán Tenreiro, web que vai xestionar a rapaza dos Vilares María Teijido, comic, e outras moitas iniciativas para adiante que se irán concretando para o remate deste ano e non interferir así no máis importante,  a dedicatoria das letras ao ilustre poeta chairego.

"Ademáis do poeta do Vilariño, Os Vilares inspirou tamén a poesía de Marica Campo con ese fantastico poema adicado a Don Pedro o trapeiro dos Vilares"

Feitos tan importantes como a construcción da casa escola habanera na Conchada, as estradas primeiro ás Reixas e despois cara Os Ramos desde Guitiriz e todas as arterias viais de pistas ademáis da modernizacion das explotacións agrícolas,  a creacion da cooperativa, a construccion do resto de escolas dos Ares e Drada, e no cultural a Romeria Labrega da Chaira coa creación dunha dinámica asociacion de veciños ou a explotación dun dos maiores montes en man común da provincia, teñen nomes e apelidos de importantes vilaregos que merecen ser rescatados do esquecemento. Esa vai ser a labor de Os Vilares, Lareira de soños, un bonito proxecto comunal, como sempre se fixeron as cousas nos Vilares segundo afirma a responsable, Pastora Veres.

Pero ademáis do poeta do Vilariño, Os Vilares inspirou tamén a poesía de Marica Campo con ese fantastico poema adicado a Don Pedro o trapeiro dos Vilares, un oficio que pertence máis a esta parroquia que a ningunha e simboliza a humildade e a capacidade de sair adiante na adversidade, un orgullo do pasado dos vilaregos, abertos ao mundo pero fachendosos do seu.

"No traballo de investigación, rodaxe e contacto cos veciños, destaca o acollemento agarimoso deste proxecto, a implicación, a colaboración de todos, vellos e mozos en algo que fan propio"

Nomes como Luís de Patricio, que rexentou o restaurante Medulio e a galería Sargadelos de Barcelona e que hoxe preside a comunidade de montes en man común dos Vilares, Segundo López ex párroco nas Reixas e hoxe deán en Compostela que escribeu o libro da escola habanera no que homenaxea a aqueles emigrantes que a sufragaron e aos vilaregos que a construiron,  Don Ramón o crego que salvou a tantos homes de ser fusilados polo franquismo, Jesús de Larizo que rexentou o Tres Tombs en Barcelona, o tio de Diaz Castro Nicolás dos Manchás, e sobre todo Alfredo Iglesias, aquel tecnico de extensión agraria que dirixiu a modernización da parroquia en tempos duros contra vento e marea, son representativos entre outros moitos que desde o anonimato araron e sementaron  esta parroquia chairega singular.

Moitos máis, Luís de Fabete, que encheu de televisións montadas por él mesmo a parroquia cando apareceu ese trebello, Suso de Vicentiño, activista de todo o que supuxo progreso na zona, Pepe de Cristo o músico, Sara das Reixas a taberneira,  Joselito dos Manchás primo do poeta, Ramiro do Merendeiro reloxeiro e taberneiro, Pepe de Visita.. e outras moitas protagonistas vivos da historia e da actualidade desta parroquia que están xa escribindo oralmente o libro das súas vidas e e actuando no filme que perpetuará este pequeno lugar do país.

No traballo de investigación,  rodaxe e contacto cos veciños, destaca o acollemento agarimoso deste proxecto, a implicación, a colaboración de todos, vellos e mozos en algo que fan propio e do que se sinten protagonistas, encantados de contar vivencias, anécdotas, e por riba de todo formar parte dunha maneira de ser e de facer, dunha parroquia chairega e galega honrada este ano a través do seu veciño máis ilustre.

 Os Vilares, lareira de soños. Os Vilares,lareira de TODOS.

Comentarios