Opinión

Patrimonio desastre

Chega con dar uns paseos polo rural para darse conta do abandono do noso patrimonio.  En calquer aldea ou parroquia do país seremos testemunas da penuria na que se atopan castros, muíños, capelas, camposantos, horreos ou cruceiros. Uns abandonados á súa sorte e outros saqueados, destrozados ou desaparecidos.

Chega con dar uns paseos polo rural para darse conta do abandono do noso patrimonio.  En calquer aldea ou parroquia do país seremos testemunas da penuria na que se atopan castros, muíños, capelas, camposantos, horreos ou cruceiros. Uns abandonados á súa sorte e outros saqueados, destrozados ou desaparecidos.

"O inmenso investimento na Cidade da Cultura resulta alí, na aldea, aínda máis obsceno cando se pensa na cultura e no patrimonio e en como se podería con tal cantidade de cartos poñer en valor un tesouro que temos os galegos en cada rincón da nosa terra"

Eu mesmo, nos últimos meses teño comprobado en dúas parroquias chairegas ese abandono; nos Vilares e en Lanzós. Nos Vilares os muíños, que chegou a ter trece, o desaparecido cimeterio vello, sustituido pola fea construcción actual, algún cruceiro e mesmo o abandono e falta de señalización de moitos elementos parrimoniais.

En Lanzós, máis do mesmo, cos muiños en xeral e co do Queimado, no meu lugar de nacemento, en particular, coa capela da Pequena (San Salvador), co castro do adro, e en xeral con antigas construccións amañadas sin control e destragadas.

Pero o que pasa en dúas parroquias chairegas é por desgraza extrapolable ao conxunto da Chaira e do país e o incalculable valor patrimonial destragado toma un cariz preocupante .

O inmenso investimento na Cidade da Cultura resulta alí, na aldea, aínda máis obsceno cando se pensa na cultura e no patrimonio e en como se podería con tal cantidade de cartos poñer en valor un tesouro que temos os galegos en cada rincón da nosa terra, o románico máis abondoso e rico de Europa, unha cultura castrexa única e un patrimonio etnográfico inigualable.

"A catalogación do patrimonio foi en moitos casos por iniciativas de asociacións ou profesionais sensibles e casi sin axudas" 

Mentras na CdC non saben que dar de xantar ao monstro, os muíños siguen a ser comidos polas silveiras, as súas maquinarias a pudrir e os concellos a gastar cada peso en cemento e obras sin control. Nin hai nin interesan instrumentos de protección e moito menos plans de restauración ou consolidación deste patrimonio, nin na Xunta nin nas entidades provinciais, comarcais ou locais.

A catalogación do patrimonio foi en moitos casos por iniciativas de asociacións ou profesionais sensibles e casi sin axudas e as garantías de control son inexistentes ou no mellor dos casos claramente insuficientes.

Resulta patético o papel da igrexa no coidado do patrimonio relixioso rural, con capelas abandonadas e mesmo con simboloxía relixiosa desaparecida, restauracións que parecen atentados á historia a pesares de estar feitas moitas veces coa aportación económica extraordinaria dos feligreses.

A paixase, a paisanaxe, e as construccións acordes á nosa propia natureza son un valor real non só no cultural, sinón tamén no turístico, no económico e sobre todo na propia autoestima como pobo orgulloso do seu, e igual que a língua e mesmo o patrimonio inmaterial, forma parte do noso ser. Parece que ao poder nin lle interesa nin lle apremia tomar medidas con unha realidade evidente, a que aos ollos calquera pode contemplar?.

"O patrimonio é o noso escaparate e o desprezo do mesmo pon en evidencia ao país e sobre todo a quenes o gobernan, desde os concellos ate o estado... é o que hai..."

A actuación das administracións é puntual e propagandística,  non hai recursos estables nin programación, deixando as actuacións a capricho de escolas taller subvencionadas, pero sen criterios profesionais, e o pouco que se fai volve a caer no esquecemento sin mantemento nin coidado dos traballos realizados.

É común ver áreas nas que se ten actuado hai poucos meses ou anos e que están xa deterioradas polo bandalismo, a falta de mantemento, o desinterés en definitiva.

Non é extraño cando se abandona á xente na educación, na sanidade, no emprego, no social... non poden entender que todo vai unido e que un país non se construe en compartimentos estancos.

Nos Vilares, este ano no que vai ser o foco de atención, é unha oportunidade para señalizar, limpar, consolidar nuns casos e restaurar noutros, elementos parrimoniais importantes arredor do poeta da parroquia, pero me temo que todo será propaganda, boas palabras e poucas ou nulas accións e que pasado o día, pasará a romería.

Hai unha ecuación sinxela e evidente PATRIMONIO DESASTRE=PAÍS DESASTRE. O patrimonio é o noso escaparate e o desprezo do mesmo pon en evidencia ao país e sobre todo a quenes o gobernan, desde os concellos ate o estado... é o que hai...

Comentarios