Opinión

O cazador cazado

Entereime pola prensa que o alcalde de Sada, Ernesto Anido, curandose en saúde, cesou ao seu secretario particular e responsable de comunicación do concello, José Luís Álvarez, por supostas escoitas de vixilancia adjaneira polo caso POKEMON arreglando reunións de José María Tutor co alcalde de Sada, supostamente tamén para tratar contratos de limpeza en dependencias municipais e colexios.

Entereime pola prensa que o alcalde de Sada, Ernesto Anido, curandose en saúde, cesou ao seu secretario particular e responsable de comunicación do concello, José Luís Álvarez, por supostas escoitas de vixilancia adjaneira polo caso POKEMON arreglando reunións de José María Tutor co alcalde de Sada, supostamente tamén para tratar contratos de limpeza en dependencias municipais e colexios.

"Utilizou un medio de comunicación para danar persoas moitas veces por inquina persoal e agora seguro que tamén por interés politico e mesmo mercantil".

Este individuo, José Luís Álvarez, foi o responsábel da comarca coruñesa no diario La Opinión de A Coruña, e dirixiu verdadeiras cazas de bruxas na comarca con mentiras, descalificacións e inventos co único afán de liquidar cargos non se sabe con qué intereses, e falo da persecución sobre a miña persoa cando formei parte do goberno en Oleiros co BNG, a persecución ao goberno bipartito de Sada, e mesmo causando o que él chamaba "danos colaterais"  a empresas e persoas que nada tiñan que ver neses líos.

As súas irmás, Paula e Belén Álvarez, están imputadas por blanqueo, fraude, exaccións e uso de información privilexiada, e que curioso, traballan para VENDEX!

Este acusador de inocentes, mentiroso e instigador, afirma agora que fixo todo co coñecemento do alcalde (debe ser a única verdade contada na súa vida) asumindo que algo fixo, pero independentemente das demostracións de culpabilidade ou inocencia que lle correspondan legalmente, somos moitos os que nos sentimos dannificados e indefensos cando utilizou un medio de comunicación para danar persoas moitas veces por inquina persoal e agora seguro que tamén por interés politico e mesmo mercantil.

"O xornalista que supostamente investigaba a politicos, pasou a ser parte da corrupción politica xusto no concello ao que tanto perseguía cando gobernaba o BNG"

O xornalista que supostamente investigaba a politicos, pasou a ser parte da corrupción politica xusto no concello ao que tanto perseguía cando gobernaba o BNG, ao que por certo nada se lle atopou irregular na súa xestión.

Este tipo de persoas deberan estar apartadas de calquera responsabilidade e aínda que é dificil medir  o grao de maldade, José Luís Álvarez, só co dano causado mentras tiña responsanilidade nun xornal, sería merecedor dun podium nese ranking.


Antón Tenreiro

Comentarios