O paro redúcese en abril na Galiza en 1.572 persoas

O sector servizos é o principal responsábel do descenso. 
Oficina de emprego, paro foto de arxina
photo_camera Oficina de emprego, paro foto de arxina

O paro rexistrado descendeu na Galiza en 1.752 persoas en abril. Un descenso de 1,20%, moi similar á media estatal, que foi de 1,21%. A maior baixada deuse no srctor servizos (1.510 persoas desempregadas menos), mentres que en agricultura foron 68, e 56 en industria e 34 na construción. Aumentou o paro, iso si, no sector de persoas sen emprego anterior, onde hai 96 desempregados rexistrados máis que no mes anterior. 

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego no conxunto do Estado baixou en 33.405 persoas en marzo en relación ao mes anterior, o que supón un descenso de 1,2% en termos porcentuais, segundo datos publicados polo Ministerio de Traballo e Economía Social.

Após o retroceso de marzo, impulsado sobre todo polo sector servizos e a caída do paro feminino, o número total de desempregados situouse en 2.727.003 parados, o nivel máis baixo para un mes de marzo desde 2008, subliñou o Ministerio.

Por sectores, 4.184 parados pertence á agricultura, baixando en 68 persoas en marzo. Na industria hai 12.729 desempregados na Galiza, caendo en 56 persoas. Tamén na construción baixou o paro en marzo, con 34 desempregados menos, até 8.725. Ao sector servizos pertence o groso dos parados galegos, con 91.790 persoas, diminuíndo en 1.510 en marzo. O único grupo que crece en parados é aquel que non tivo un emprego antes, con 96 persoas máis, ata 11.583.

En cando aos contratos asinados en marzo na Galiza, subiron en 336 se se compara con febreiro, con 49.938, maiscaeron13,76% en relación a un ano antes. Deles, máis de 64,6% eran temporais.

Entre outros datos, o Ministerio tamén recolle que na Galiza hai 88.861 beneficiarios de prestacións por desemprego, das cales 42.660 persoas reciben unha prestación contributiva e 41.992, non contributiva. Así mesmo, 4.209 galegos e galegas cobran unha renda activa de inserción. Aqueles que cobran unha prestación contributiva na comunidade perciben de media 940,7 euros.

Comentarios