Morre un pescador tras ser atropelado por un tren cando despregaba aparellos de pesca en Narón

O suceso tivo lugar á altura da ponte da Ría de Ferrol, á saída de Neda, dirección Ferrol. O compañeiro do falecido resultou ileso.
vias tren

Un pescador duns 40 anos de idade faleceu na noite deste pasado domingo após ser atropelado por un tren cando supostamente despregaba aparellos de pesca preto dun río na zona de Narón.

Segundo a información facilitada pola Garda Civil a Europa Press, os feitos sucederon sobre as 21:45 horas deste pasado domingo cando un tren Alvia que facía a ruta Madrid-Ferrol atropelou o mariñeiro á altura do quilómetro 37,550 da liña férrea ao seu paso polo termo municipal de Narón.

Por parte do 112 Galiza indicouse que o suceso tivo lugar á altura da ponte da Ría de Ferrol, á saída de Neda, dirección Ferrol. Tras recibir o aviso por parte do persoal de Adif, o servizo de emerxencias informou a Urxencias Sanitarias de Galiza-061.

O suceso tivo lugar á altura da ponte da Ría de Ferrol, á saída de Neda, dirección Ferrol. O compañeiro do falecido resultou ileso

En concreto, o 061 enviou ao lugar unha ambulancia de soporte vital avanzado cuxo persoal confirmou no lugar o falecemento do home L.G.G., de 40 anos, sinalaron a Europa Press fontes sanitarias. Así mesmo, acudiron os axentes da Garda Civil e os membros do GES de Mugardos, así como tamén foron informados os Bombeiros de Ferrol e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Segundo a información facilitada ao 112 Galiza, tratouse dun home que xunto cun compañeiro dispúñanse a pescar no lugar onde ocorreron os feitos. O compañeiro do falecido resultou ileso.

Sobre as 00:30 horas desta segunda feira o persoal de Adif confirmou ao 112 Galiza que a circulación férrea quedara totalmente restablecida.

Sinistralidade laboral

O avance das estatísticas de accidentes de traballo relativos a 2020, que publicou o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), indica que non mellora a situación de sinistralidade que vén padecendo Galiza nos últimos anos. Coa particular situación vivida de pandemia, co confinamento e feche dalgunhas actividades como protagonistas, na Galiza tiveron lugar 24.511 accidentes de traballo con baixa. Deste total, un 90,99% ocorreron en xornada laboral (22.302 accidentes) e o 9,01% restante no desprazamento do domicilio ao centro de traballo ou viceversa (2.209 accidentes).

Comentarios