A media xornada computa como completa para a xubilación

O traballo a tempo parcial xa está equiparado oficialmente ao emprego a tempo completo a efectos do cómputo dos períodos cotizados.
Factoría de Stellatis en Vigo (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
photo_camera Factoría de Stellatis en Vigo (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)

A medida  achegará no tempo o dereito ás pensións e prestacións da Seguridade Social para as traballadoras e traballadores baixo este sistema. Ao tempo, implica un avance na loita contra a fenda de xénero, xa que ao redor de 80% dos empregos a tempo parcial están ocupados por mulleres. 

O 1 de outubro entrou en vigor a modificación do artigo 247 da Lei da Seguridade Social. A nova lexislación recolle que a cotización da media xornada computa como unha completa a efectos de xerar dereitos para o recoñecemento das pensións de xubilación, incapacidade permanente ou temporal, viuvez, orfandade e nacemento ou coidados de menores”.

A modificación dos artigos 247 e 248 vén imposta pola doutrina resultante das sentenzas do Tribunal Constitucional 91/2019, do 3 de xullo, sobre a pensión de xubilación, e 155/2021 de 13 de setembro sobre incapacidade permanente, polas que se declarou a inconstitucionalidade e nulidade de determinados aspectos do artigo 248.3 do texto refundido da Lei xeral da seguridade social, “dada a súa incidencia negativa na contía das pensións das persoas traballadoras a tempo parcial, particularmente das mulleres”.

A xurisprudencia do TS

O coeficiente de parcialidade foi declarado ilegal polo tribunal. Até que se publicaron eses fallos, este aplicábase tanto ás pensións de xubilación como ás de incapacidade permanente, no caso de traballo a tempo parcial, tanto para o cálculo dos períodos mínimos de cotización esixida como para calcular a porcentaxe aplicábel en función dos anos de cotización acreditados, para calcular a pensión de xubilación.

Comentarios