Denuncian unha ETT por suspensión de pagos e abandono de traballadoras e traballadores

CCOO interpuxo unha segunda denuncia contra a empresa de traballo temporal Randstad diante da Inspección de Traballo de Vigo por suspender contratos.

Operario nunha empresa de automoción (Ceaga)
photo_camera Operario nunha empresa de automoción (Ceaga)

A empresa de traballo temporal (ETT) Randstad recibiu por segunda vez unha denuncia diante da Inspección de traballo de Vigo por parte do sindicato CCOO.

Nesta ocasión a razón foi que a suspensión de ducias de contratos, fundamentalmente do sector da automoción, polo incremento de Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) acolléndose a unha que consideran "cláusula abusiva" e "ilegal" para suspender os contratos de operarios que prestaban servizo en empresas como Magna, Faurecia ou Aludec.

Este sindicato lembra que neste caso as traballadoras e traballadores quedan "sen emprego, sen soldo e sen dereito a paro", ademais de "abandonados sen cobertura de ningún tipo", xa que o contrato queda en suspenso pero seguen vinculados á ETT.

Polas condicións en que estaban este colectivo tampouco pode acollerse aos ERTE das respectivas empresas. CCOO insistiu en que esta práctica das ETT supón un "intento de destrución de postos de traballo, camuflado nun armazón de cláusulas e diferentes combinacións de leis e convenios, que puidesen parecer legais".

Na Galiza, segundo datos facilitados por este sindicato, hai máis de 15.500 traballadoras e traballadores de ETT.

Comentarios