A CIG acusa as Administracións de permitir "a escravización" na limpeza

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, advirte que as mobilizacións "irán a máis".
No centro, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, esta terza feira en Lugo (Foto: Nós Diario).
photo_camera No centro, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, esta terza feira en Lugo (Foto: Nós Diario).

A CIG acusou esta terza feira en Lugo ás Administracións Públicas de "consentir a escravización das condicións laborais" das traballadoras do sector da limpeza da, en folga nesta circunscrición desde o 16 de outubro.

No marco dunha nova concentración organizada polo sindicato nacionalista en solidariedade coas profesionais, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, afeou ás Administracións Públicas, as "principais clientes da patronal", o feito de non actuar de oficio para "exixir o cumprimento do salario mínimo interprofesional" no convenio colectivo deste sector.

"Resulta lamentábel que as Administracións estean a permitir a unha patronal, Aspel, chea de empresas madrileñas, estender a pobreza e a escravización das condicións de traballo", denunciou o secretario xeral da CIG, que tamén advertiu de que a negociación nas circunscricións de Ourense e Pontevedra podería levar a que "vaian a máis as mobilizacións".

"O movemento demóstrase andando. Non queremos declaracións, queremos accións claras e decididas", concluíu Carril aludindo as Administracións Públicas.

Comentarios