A Xunta exixe a Nostián e Lousame a recollida separada

A Xunta da Galiza urxe ao Concello da Coruña a mudar o seu modelo de recollida de residuos. Nunha carta dirixida á alcaldesa Inés Rei, á que tivo acceso Nós Diario, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático insiste na obrigatoriedade da recollida separada de residuos e insta o Concello a desenvolver os cambios "oportunos" para adaptar o seu modelo actual.
Colectores para a clasificación dos residuos nunha rúa da Coruña. (Foto: Richard Villalon).
photo_camera Colectores para a clasificación dos residuos nunha rúa da Coruña. (Foto: Richard Villalon).
Comentarios