Aproban o anteproxecto para a cesión da xestión dos residuos

O Imposto sobre o Depósito de Residuos en vertedoiros e incineración xa ten luz verde para ser cedido á Galiza. O Consello de Ministras e Ministros aprobou esta segunda feira o anteproxecto neste sentido.
Vertedoiro de residuos (Foto: Nós Diario).
photo_camera Vertedoiro de residuos (Foto: Nós Diario).

O Consello de Ministras e Ministros aprobou esta segunda feira unha serie de anteproxectos de lei para a cesión definitiva da xestión do Imposto sobre o Depósito de Residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos  territorios do Estado español, entre eles a Galiza.

A decisión trasladouna a portavoz do Goberno español e ministra de Política Territorial, Isabel Rodríguez, tras a reunión do Consello.

A aprobación realizouse após a solicitude por parte do Goberno galego para que a cesión do tributo tivera lugar de maneira prioritaria, segundo se especifica nas referencias do Consello. Ademais, o procedemento cumpre co marcado no Estatuto de Autonomía e na Lei de Financiamento das Comunidades Autónomas

Acordo do mes de xullo

O Ministerio de Facenda e Función Pública e os territorios acordaron o pasado mes de xullo impulsar a cesión do imposto sobre depósito de residuos en vertedoiros -que entra en vigor o 1 de xaneiro de 2023- mais coa idea de que estes poidan ir asumindo "con flexibilidade" e segundo a súa propia demanda a xestión.

Segundo lembrou a ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero, algúns territorios tiñan impostos moi parecidos no conxunto do Estado español.

"Algunhas teñen présa por asumilo porque tiñan un moi parecido no seu territorio e outras manifestaron que non constitúe unha prioridade neste momento", explicou a ministra.

A norma que lle chegou ao Goberno español desde o Congreso dicta que se facilite aos territorios para que asuman as competencias de xestión en torno a este imposto, que responde ao afán da Unión Europea por  nas cuestións que teñen que ver coa transición ecolóxica e a fiscalidade medioambiental.

Máis en POLÍTICA
Comentarios