Sanidade pública

A Xunta deixa 2.500 crianzas no Condado sen pediatra: "Hai un plan premeditado para desmantelar a sanidade pública"

Salvaterra de Miño, no Condado, acolleu na terza feira feira unha protesta para reclamar a volta da asistencia pediátrica ao centro de saúde da localidade. E esta cuarta feira, as mobilizacións en defensa da sanidade pública chegan ao veciño concello de Mondariz (tamén no Condado) e na quinta feira sairán á rúa en Covelo (A Paradanta). A Plataforma en defensa da sanidade pública do Condado e A Paradanta entende que só a mobilización social pode reverter a situación.

Pediatras Salvaterra 4
photo_camera Mobilización nesta terza feira en Salvaterra de Miño (O Condado) contra os recortes na Atención Primaria. (Foto: Javier Viéitez).
Comentarios