O xornal en papel non se publica este sábado 25 de decembro de forma excepcional

'Nós Diario' non estará nos puntos de venda habituais este sábado 25 de decembro. O xornal nunha imaxe de arquivo. (Foto: Nós Diario)

Como é habitual ano tras ano na prensa diaria, este 25 de decembro non haberá un novo número de 'Nós Diario' nos quiosques, outros puntos de venda habituais e na nosa tenda en liña. A publicación regresará con normalidade á súa cita coas e cos lectores esta terza feira, 28 de decembro.

As e os lectores habituais de 'Nós Diario' non atoparán este sábado de Nadal o seu novo exemplar no quiosque ou punto de venda que teña referencia como vén sendo habitual. Trátase dunha situación excepcional por ser un dos tres festivos do ano nos que non se publica a prensa diaria en xeral.

Dado a tradición das publicacións en papel -coa que moitas persoas xa están familiarizadas-, este 25 de decembro non haberá un novo número do xornal nas rúas da Galiza.

Será de forma puntual, ao igual que acontecerá o próximo sábado 1 de xaneiro de 2022.

En calquera caso, o diario non faltará á súa cita coas persoas lectoras e subscritoras a próxima terza feira, 28 de decembro. Aliás, tanto o domingo como na segunda feira poderán seguir toda a actualidade do país na páxina web www.nosdiario.gal.

Ademais, a través da nosa loxa en liña poderán mercarse outros diarios ou cadernos para a súa lectura na nube.

Pregunta polo teu 'Sermos Galiza'

Este caso excepcional fai que haxa outra novidade respecto ao que vén sendo habitual: o novo número do semanario Sermos Galiza estará hoxe mesmo á venda.

Neste atoparás unha reportaxe sobre a figura do Apalpador, unha entrevista na que se analiza máis en profundidade o facsímile da revista 'Nós' que agasalla Nós Diario o próximo 31 de decembro e un texto sobre os efectos da ornamentación lumínica, entre outros moitos contidos.

Lembra que na terza feira, 28 de decembro, a publicación en papel regresa coa mesma forza de sempre. Agardamos por ti!