Varios centos de bombeiros mobilízanse en Lugo para exixir un convenio digno mentres Tomé deslixitima as súas demandas

Os case 300 profesionais do sector que tomaron parte na protesta escenificaron un cortexo fúnebre simbolizando a morte do consorcio de bombeiros, portando un cadaleito e varias coroas de flores nunha marcha encabezada por cinco gaiteiros que concluíu fronte ao edificio da Deputación, onde simularon unha homilía.
Bombeiros e policías durante a mobilización desta terza feira en Lugo (foto: Carlos Castro / Europa Press).
photo_camera Bombeiros e policías durante a mobilización desta terza feira en Lugo (foto: Carlos Castro / Europa Press).
Comentarios