A indignación reborda por momentos as augas do twitter e Suso de Toro, un dos intelectuais do país que con maior frecuencia emprega as redes para se expresar, deitou dous chíos abondo elocuentes sobre a súa visión da vaga de lumes que está a devastar o país.
O autor de Polaroid pon o albo na eucaliptización do país e nos intereses da multinacional Ence, auténticos tabús para a imprensa amiga do Partido Popular.
Sobre los incendios en Galicia: la clave está en esa ENCE protegida por Feijóo, Rajoy y todo el PP.
— Suso De Toro (@SusodeToro1) 16 de outubro de 2017
"Triángulo eucalipteiro da Península": Norte de Portugal, Galiza, Asturias...
— Suso De Toro (@SusodeToro1) 16 de outubro de 2017