O Sindicato Labrego Galego denuncia que a Xunta "aínda non pagou a PAC de 2023"

Explotación agraria galega (Nós Diario).
Explican desde o SLG que até o de agora os pagamentos equivalentes cobrábanse "sempre" no mes de decembro, algo que en 2023 non aconteceu segundo aseveran.

O Sindicato Labrego Galego (SLG) denunciou esta quinta feira que a Consellaría do Medio Rural "segue con atrasos" no pagamento da Política Agraria Común (PAC) de 2023, polo que exixe "responsabilidades".

Nun comunicado, alertan de que hai "un número considerábel de granxas que non cobraron os dereitos da Axuda Básica á Renda para a Sustentabilidade (ABRS) nin o pagamento redistributivo asociado". Explican desde o SLG que até o de agora os pagamentos equivalentes cobrábanse "sempre" no mes de decembro, algo que en 2023 non aconteceu segundo aseveran.

"De igual modo acontece coas asociadas aos ecorrexímenes, que historicamente tamén viñan cobrando en decembro e que este ano, ao 4 de xaneiro, aínda non cobrou ninguén", agrega o SLG. Neste sentido, o sindicato critica que o Goberno galego saíu en novembro "xactarse" de anticipar a PAC, pero as granxas galegas "seguen esperando aínda a día de hoxe".

"Desmantelamento"

Respecto diso, censuran un "desmantelamento" dos servizos públicos que deixa na "incerteza" millares de granxas. Exixen, por tanto, que se asigne persoal adecuado para xestionar as axudas da PAC, debido a que non hai traballadores suficientes no Fondo Galego de Garanoa Agraria (Fogga).