O SLG denuncia que a Consellaría do Medio Rural non publicou as axudas pola EHE

Tres meses pasaron desde que foron declarados na Galiza os primeiros casos da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE), coñecida como a Covid das vacas. Ao respecto, o Sindicato Labrego Galego (SLG) denunciou esta cuarta feira que a Consellaría do Medio Rural, "a pesar de rexeitar compensar os gastos derivados da enfermidade e limitarse a prometer axudas polo sacrificio dos animais coa doenza recoñecida oficialmente, non publicou aínda unha orde".
Un camión levanta unha vaca morta en Xermade, na comarca da Terra Chá (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
photo_camera Un camión levanta unha vaca morta en Xermade, na comarca da Terra Chá (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
Comentarios