"A serra non é unha mina": veciñanza do Suído oponse aos proxectos Alberta I, Alberta II e Carlota

Desde a plataforma SOS Suído-Seixo móstranse "altamente preocupados" polas recentes revelacións dunha investigación de 'Nós Diario' que relaciona a IberAmerican Lithium cos propietarios da mina Penouta (Strategic Minerals), cos novos propietarios da polémica mina de San Finx; así como con outros proxectos de explotación de recursos naturais en Colombia (Pacific Rubiales e Gran Colombia Gold), algúns que mesmo remataron na quebra das correspondentes empresas despois de deixar un regueiro de problemas medioambientais e conflictos sociais.
Cartaz pendurado esta fin de semana contra a minaría no Suído. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Cartaz pendurado esta fin de semana contra a minaría no Suído. (Foto: Nós Diario)
Comentarios