Social

Requisitos e horarios para os paseos e a actividade física a partir do sábado

Paseo en Lugo (Carlos Castro/EP).
Sanidade traslada que se poderá saír de 6 a 10 horas da mañá e de 20 a 23 horas da noite para realizar actividade física individual ao aire libre e para pasear, máximo dúas persoas (a partir de 14 anos) que convivan, desde o día 2.

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, vén de anunciar que o Estado cumpriu o obxectivo semanal marcado para poñer en marcha as novas "medidas de alivio" ao lograr reducir a un "incremento do 0,6% os contaxios" na última actualización dos datos. 

Illa salientou que hai "112.050 persoas recuperadas" en todo o territorio estatal, o que supón que "máis de un 60% dos contaxiados en total" superou a COVID-19. "Non hai que perderlle o respecto ao virus, non está vencido", dixo.

"O estado de alarma funciounou. Iniciámolo cun 35% de incremento de contaxiados e agora temos o 0,6%", salientou o titular de Sanidade, que incidiu en que a "unidade" para o plan da desescalada son a provincia e a illa pois "son entidades xuríricas" e permiten "illar a mobilidade dentro das mesmas". Pese a matizar de novo que poderán "valorar outras opcións" como son as áreas sanitarias que propuxo o Goberno galego. 

O Ministerio de Sanidade emitirá dúas ordes que aparecerán no BOE esta sexta feira. A primeira describe as condicións dos paseos a e realización de actividade física e a segunda afecta ao coidado e recolección de produtos agrícolas.

Paseos e actividade física

As condicións para a realización de actividade física ao aire libre implican que sexa unha acción de carácter individual na que se poderá realizar calquer deporte sen saír do municipio no que se reside. Os concellos poderán habilitar zonas específicas se así o consideran. 

Para a realización de paseos diarios poderá haber dúas persoas que conviven, sempre que sexan maiores de 14 anos, nunha distancia non superior a 1km a respecto do propio domicilio

Fican excluídas destas actividades as persoas con síntomas o en corentena por un contacto cun caso positivo de coronavirus ou ter sufrido a enfermidade. 

Nos municipios de menos de 5.000 habitantes non é necesario respectar as franxas, poden realizarse todas as actividades en calquera momento do día entre as 6 e as 23 horas. É o caso de case 200 concellos na Galiza. 

O ministro de Sanidade lembrou que é preciso manter as distancias interpersoais, ideal 2 metros e mínimo metro e medio, o lavado de mans mínimo antes de saír e ao chegar, e a hixiene en espazos públicos e privados. 

Estas medidas entran en vigor a partir de las 00 horas deste sábado, día 2 de maio e contan cunha limitación horaria.  

Franxas horarias 

Paseos e actividade física: de 6 a 10 horas da mañá e de 20 a 23 horas da noite.

As persoas dependentes que requiran ser asistidas para os seus paseos teñen un horario especial que vai das 10 ás 12 horas da mañá e das 19 ás 20 horas da tarde

Con estas novas medidas, os paseos coas crianzas pasan a estar permitidos só entre as 12 e as 19 horas.

Nos municipios de menos de 5.000 habitantes non é necesario respectar as franxas, poden realizarse todas as actividades en calquera momento do día entre as 6 e as 23 horas. É o caso de case 200 concellos na Galiza. 

Acceso ás hortas

Para o coidado e recolección de productos agrícolas, cando non se trate de actividades laborais, permítese o desprazamento no mismo termo municipal ou adxacente. Aínda que se pode ir máis lonxe como excepción se é para o coidado dos animais.

Pódese ir á horta de maneira individual, excepto no caso das persoas con discapacidade ou menores.