O Goberno español fixará franxas horarias para a saída da poboación á rúa a partir do sábado

(Arxina)

O Goberno español fixará franxas horarias para que a poboación saia á rúa a partir do vindeiro sábado día 2, cando se permita ás familias pasear e facer unha hora de deporte ide maniera inividual.

Segundo informou Moncloa, o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, adoptou esta decisión que se implementará a partir do sábado, durante a reunión do Comité Técnico para a desescalada e "segundo os datos que demostran a boa evolución da pandemia no Estado español".

A previsión, segundo Moncloa, é que esta tarde se expliquen os detalles e o alcance da decisión máis polo miúdo polo ministro de Sanidade, Salvador Illa.

Salvador Illa informará sobre os detalles da orde ministerial que determinará estas franxas horarias, que implicarán novas medidas de socorro para a poboación, dentro do confinamento establecido no decreto do Estado de Alarma.

Esta será a segunda medida de alivio establecida polo Goberno español, despois de que autorizase a saír a menores de 14 anos.