venres 03.07.2020

A Xunta permitirá os mercados de proximidade a partir do 4 de maio

Mercado de proximidade (Nós Diario)
Mercado de proximidade (Nós Diario)

A Xunta permitirá que os concellos realicen mercados locais de produtos agroalimentarios de proximidade a partir da vindeira segunda feira, 4 de maio, aínda que "sempre baixo estritas condicións de seguridade".

Así o anunciou o conselleiro de Medio Rural, José González, que trasladou esta decisión durante a súa participación, por vía telemática, na Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural xunto co ministro de Agricultura, Luís Planas, e os seus homólogos dos diferentes territorios.

O titular de Medio Rural explicou que o Goberno galego considera que a entrada, o 4 de maio, na 'fase 0' do proceso de desescalada, posibilita a reapertura deste servizo "baixo unhas regras" que na galiza, afirmou, xa establecidas desde o 24 de marzo.

O Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Federación Rural Galega (Fruga) rexistraron esta semana unha queixa perante a Valedora do Pobo para denunciar a prohibición de manter mercados locais de alimentación na Galiza.

comentarios