As redes mostran o activismo das e dos traballadores da CRTVG nun novo #VenresNegro

#VenresNegro10CRTVG

Décima entrega dos #VenresNegros, cada vez máis protagónicos nas redes sociais, e as traballadoras do ente público non desfalecen.

Nucleados a partir da conta twitter @defendeAgalega, as mobilizacións das e dos traballadores dos meios públicos galegos gañan vitalidade sexta feira a sexta feira. "Queremos dicirvos que #NonParamos, que #SenMedoALoitar e máis unidos ca nunca, acabaron os tempos das lamentacións", din desde @defendeAGalega e recapitulan así a vaga de accións en favor dunha CRTVG pública, mais non gubernamentalizada: "Dez venres negros contra o conformismo e a pasividade. Dez venres negros a favor dunha marca que non queremos que enterren: a CRTVG".

 

E a partir daí, múltiples mostras deste activismo auto-organizado a prol doutra CRTVG: