#venresnegro: O persoal da CRTVG mantén unha loita que se suspende en RTVE

Traballadores e traballadoras da compañía galega volven máis una sexta feira vestir de negro para exixir a fin da manipulación e a censura.

 

O persoal de RTVE protagonizou esta sexta feira o seu último #venresnegro, o HT que presidiu as concentracións e mobilizacións de denuncia pola censura e manipulación informativa na cadea pública española. O compromiso do novo gobernó de Pedro Sánchez de convocar un concurso público para renovar a dirección da RTVE leva aos traballadores e traballadoras desas canles a parar as mobilizacións. Mais estas mobilizacións continúan en Galiza entre o persoal da CRTVG.

 

Esta sexta feira é #VenresNegro8CRTV, a oitava semana consecutiva de compromiso público dos traballadores do medio público galego para se opor á manipulación e demandar un estatuto profesional e a creación do Consello de Informativos.

 

Na mañá deste 13 de xullo, o director da CRTVG, Sánchez Izquierdo, defendeu en sede parlamentar a actuación da compañía e tirou importancia aos protestos e mobilizacións da televisión e radio públicas.