Poderá a cidadanía británica residente na Galiza votar nas municipais?

Bandeira do Reino Unido ante o 'Big Ben' (Foto: Michael Kappeler / DPA).
Após a saída do Reino Unido da Unión Europea (UE), o coñecido como Brexit, levantou moitas cuestións a respecto do que acontecería coa cidadanía británica residente fóra do Reino Unido. Unha desas cuestións era se devantitos cidadáns poderían votar nos diferentes procesos electorais.

Após a saída do Reino Unido da Unión Europea (UE), o coñecido como Brexit, levantáronse moitas cuestións a respecto do que acontecería coa cidadanía británica residente fóra do Reino Unido. Unha desas cuestións era se devantitos cidadáns poderían votar nos diferentes procesos electorais.

Sobre isto, o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este sábado a modificación da orde que finalmente permitirá aos británicos votar nas eleccións municipais despois do Brexit.

"A necesidade e a eficacia fundaméntanse no obxectivo pretendido de dar o mesmo trato aos nacionais de Reino Unido que aos dos outros doce países que asinaron un acordo co Estado español para as eleccións municipais", detallou o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.

Acordos do Estado español

Até o de agora, o Estado español tiña acordos con Bolivia, Cabo Verde, Colombia, Corea, Chile, Ecuador, Islandia, Noruega, Paraguai, Perú, Trinidade e Tobago e Nova Zelandia, aos que agora se suma o Reino Unido.

Os Gobernos de ambos os países chegaron a un acordo xa en xaneiro de 2019, que constaba de nove considerandos e un total de nove artigos e definía os "nacionais británicos" aos sós efectos do acordo en cuestión, sen incluír "os cidadáns británicos que obteñen a súa nacionalidade en conexión con Xibraltar".

Pouco despois da chegada de Sunak

A cidadanía británica obtén este dereito pouco despois da chegada do novo primeiro ministro do Reino Unido ao poder, Rishi Sunak. após os 45 días de Goberno de Liz Truss.