Pagar até 2049 e 2074: A Galiza soporta as peaxes en autoestrada de maior duración do Estado

Peaxe AP-9 (Foto: Arxina).
Dúas das tres autoestradas do Estado español co máximo de tempo autorizado para seren explotadas en concesión por unha empresa privada están na Galiza. Un dato que volve riba da mesa após se coñecer esta semana que a concesionaria da AP-9 aumentou o seu beneficio en 29%.

A concesionaria da autoestrada AP-9 obtivo un beneficio neto de 82,57 millóns de euros en 2023, o que supón un crecemento de 24,9%.É unha das tres autoestradas do Estado español co máximo de tempo autorizado para seren explotadas en concesión por unha empresa privada. OPutra desas tres tamén está na Galiza

Na Galiza están dúas das tres autoestradas do Estado español co máximo de tempo autorizado para seren explotadas en concesión por unha empresa privada: a AP-9 —que une Ferrol e Tui— e a AP-53 —De Compostela e Dozón— e ambas as dúas polo mesmo grupo, a multinacional Itínere.

A mencionada Autoestrada do Atlántico e a AP-53 (que une Compostela e Dozón, na comarca do Deza) son, canda a AP-66 Campomanes-León, as únicas autoestradas no Estado español co máximo de tempo de concesión para a súa explotación por parte de empresas privadas: son de pagamento durante 75 anos. 

A AP-9 é a única das autoestradas de primeira xeración construídas no Estado con 75 anos de concesión, prazo tamén vixente desde o momento da adxudicación para a outra autoestrada estatal que hai na Galiza, a que une a capital galega co alto de Santo Domingo (Dozón): tres cuartos de século para a súa explotación en réxime de concesión. 

A data de reversión da AP-9 é en 2048, alargamento froito das prórrogas concedidas no seu día por Gobernos estatais do PSOE e do PP. A AP-53 terá que agardar a 2074 para a fin da súa explotación por unha empresa privada. Ningunha outra vía no Estado terá que esperar tanto para a súa reversión como a que une Compostela e a comarca do Deza. 

As autoestradas de titularidade galega (A Coruña-Carballo e Vigo-Baiona), pola súa parte, teñen un período de explotación en mans privadas de 50 anos e vencen en 2045.

Nos últimos anos, autoestradas de peaxe como a AP-1 na súa totalidade; a AP-7 entre Tarragona e Alacante, entre Tarragona e La Jonquera e entre Montmeló e Papiol; a AP-4 entre Sevilla e Cádiz; e a AP-2 entre Zaragoza e El Vendrell pasaron a ser gratuítas para as persoas usuarias. 

Diego Maraña, portavoz de En Colectivo, a asociación de persoas usuarias da AP-9, criticou en 2023 ante o anuncio de novas vías libres de portaxes que o Goberno español non "igualase" as condicións de galegos e galegas coas de cataláns e valencianos, que nos últimos anos viron como autoestradas de peaxe pasaban a ser gratuítas. "Unha vez máis, dásenos un trato diferente", lamentaba. 

Para completar a fotografía, a Galiza é, ademais, a autonomía líder en quilómetros con viarios de pago. Un total de 330,8 Km son de pagamento no país. O segundo territorio con maior número de km con peaxe é Euskadi, onde hai un total de 248, dos que 171 corresponden ás tres deputacións forais vascas (Bizkaia, Gipuzkoa e Araba) mentres que 77 corresponden ao Estado.

O territorio que até 2021 lideraba o maior volume destas infraestruturas viarias de pago, Catalunya, ocupa agora a oitava posición, con 145,8 km con peaxes. O motivo? A Generalitat e o Goberno esta-tal non renovaron concesións en catro autoestradas e fixeron así gratuítos máis de 600 km que até entón eran de obrigado pagamento. Territorios de maior extensión que a Galiza, como son Castela-A Mancha, Castela e León ou Andalucía teñen moitos menos km con portaxes: 214, 201 e 157, respec-tivamente.  Ademais, en comunidades como Estremadura, Cantabria, Balears ou Canarias pode circularse sen ter atravesar peaxes.